Desde a Concellería de deportes infórmase das actividades deportivas municipais para o período 2020/2021.
O calendario para a preinscrición, confirmación de praza e inicio de actividades é o seguinte:
- Do 1 de setembro ao 11 de setembro: preinscrición nas actividades deportivas municipais. Pódese descargar a ficha de inscrición na seguinte ligazón:
VER PDF Ficha de inscrición nas escolas deportivas municipais 2020-2021
- 16 de setembro: publicación dos horarios provisionais.
- Do 17 ao 23 de setembro: confirmación de prazas.
- 5 de outubro: comezo das actividades.