Curso de guias locais do medio natural do Concello de Cedeira
Este curso, cunha duración de 16 horas, está organizado polo Concello de Cedeira e financiado pola Consellería de Pesca con fondos europeos para o desenvolvemento dos municipios costeiros. O obxectivo principal desta acción formativa será capacitar aos participantes para exercer como guías-intérpretes dos valores naturais e patrimoniais de Cedeira e a súa contorna, así como obter as directrices para concienciar aos visitantes da necesidade da súa conservación e dotar aos asistentes de recursos necesarios para guiar un grupo e dinamizalo. O curso contará cun total de 20 prazas e está dirixido preferentemente a graduados en Xeoloxía, Bioloxía, Ciencias Ambientais, Xeografía e Turismo.
Lugar de celebración e datas do curso: Sala Áncora (Praza Roxa – Cedeira) os días 27 e 28 de maio en horario de mañá e tarde
Prazo de inscrición: entre os días 5 e 19 de maio (ambos inclusive) por rexistro no concello de Cedeira ou excepcionalmente por correo electrónico (non residentes en Cedeira).
Pode consultar as bases e descargarse o formulario de inscrición nas seguintes ligazóns:
DESCARGAR EN PDF Bases do curso de guías locais do medio natural
DESCARGAR EN PDF Formulario de inscrición no curso de guías locais do medio natural
DESCARGA EN PDF Listado de admisión das persoas inscritas no curso de guías locais do medio natural