Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CEDEIRA FESTEXARÁ SANTA ANA COA MÚSICA DO DJ BRUNOKAVI E A ORQUESTRA FOLIADA D’ASES

O Concello de Cedeira celebrará a vindeira semana a Festa de Santa Ana cun programa que dará comezo o xoves 25 de xullo coa actuación de Brunokavi, dj cedeirés que habitualmente pincha na sala Coliseo de Pontedeume. A súa actuación terá lugar a partir das 23.00 horas na Praza Roxa.
O venres 26, día de Santa Ana, a actividade dará comezo xa pola mañá, a partir das 12.00 horas, cunha misa cantada pola Coral Virxe do Mar. A continuación será a quenda para a tradicional procesión polo casco antigo, acompañada pola Banda de Música Vila de Cedeira, que ao remate ofrecerá un concerto na Praza Roxa. Xa pola noite, ás 22.30 horas na Praza Roxa, poñerase o colofón á cita festiva cunha verbena organizada pola Orquestra Foliada D’Ases.