Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Cedeira conmemora o 8 de marzo con fotografías, charlas, teatro e a primeira edición do premio “muller da vila”

CEDEIRA CONMEMORA O 8 DE MARZO CON FOTOGRAFÍAS, CHARLAS, TEATRO E A PRIMEIRA EDICIÓN DO PREMIO “MULLER DA VILA”

A Asociación de Amas de Casa estará este ano ao fronte dos actos do Día Internacional da Muller Traballadora, para o que conta coa colaboración do Concello de Cedeira, un xesto máis do apoio do goberno á folga do día 8.

Esta programación inclúe desde unha exposición fotográfica representativa do colectivo feminino da localidade ata a creación dun premio para valorar a traxectoria profesional ou persoal dunha muller de Cedeira.

As actividades darán comezo o día 8 coa apertura ao público da mostra fotográfica “Mulleres da vila” na cafetería do auditorio. Trátase dunha recopilación en imaxes da presenza feminina na vida social e laboral da localidade. A mostra reúne case un cento de fotografías.

Ese mesmo día a Sala Áncora, a partir das 20.00 horas, acollerá unha mesa redonda sobre “Mulleres de Cedeira, falemos de nós”.

A programación terá continuidade o sábado 10 co espectáculo “Matrioskas”, a partir das oito da tarde no auditorio. María Ortiz e Sofia Espiñeira son dúas mulleres cantando e contando sobre mulleres, que xuntan verbas e música para revivir historias de vida. A continuación, a actividade trasladarase á cafetería do devandito centro cultural onde terá lugar a cena, na que tomarán parte unhas 100 persoas, e que rematará coa entrega do premio “Muller da vila” na súa primeira edición. Os interesados aínda poden inscribirse na sede da entidade, situada na rúa Ortigueira. Os prezos son de 17 euros para as socias e 20 para o público en xeral.

Ángeles Villar acaba de asumir a presidencia dunha entidade que quere ter unha maior presenza na localidade así como participar no seu desenvolvemento.

 

 

 

 

 

 

Aberto o prazo para solicitudes de axuda a empresas

CONVOCATORIA DE AXUDAS A EMPRESAS

ABERTO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DAS LIÑAS 3.1.PEL-PEMES E LIÑA 3.2. PEL-PEMES E PEL EMPRENDE INVERSIÓN 2018, DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

A partir de mañá 28 de febreiro poden presentarse solicitudes de axuda dentro das liñas PEL-PEMES para contratación e mantemento de persoal, e PEL-EMPRENDE para inversión en bens inventariables, da Deputación Provincial da Coruña. O prazo para presentar solicitudes remata o día 22 de marzo ás 14:00 h.

A información completa sobre as convocatorias de axuda pódese consultar nos seguintes enlaces:

Convocatoria do Programa de incentivos á contratación para a creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas (LINEA 3.1 . PEL-PEMES)
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/27/2018_0000001446.pdf
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/15/2018_0000001163.html

Convocatoria do Programa de incentivos ao mantemento do cadro de personal de pequenas, medianas empresas e microempresas (LINEA 3.2 . PEL-PEMES)
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/27/2018_0000001448.pdf
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/15/2018_0000001164.html

Convocatoria de axudas á consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos municipios da provincia de A Coruña a través dol apoio á inversión en bens inventariables. (Pel-Emprende Inversión 2018)
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/27/2018_0000001447.pdf
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2018/02/15/2018_0000001162.html

 

Novas gangas para impulsar os polígonos de Cedeira e Ortigueira

NOVAS GANGAS PARA IMPULSAR OS POLÍGONOS DE CEDEIRA E ORTIGUEIRA

Xestur lanza outro concurso de venda para facer máis atractivas as zonas empresariais de ambos os municipios.

Co ánimo de facilitar o asentamento de novas empresas e tratar de impulsar a venda de chan nos seus polígonos, Xestur lanza un novo concurso de venda que, na comarca, afectará as áreas empresariais de Cuiña en Ortigueira e A Trabe (Cedeira). A promoción, como sucedese en anos anteriores, supón a redución dun 50 % do prezo de comercialización das parcelas. As principais gangas atópanse en Ortigueira.

O stock de chan existente é máis que notable en ambas as localidades. Así, Xestur pon á venda no caso de Ortigueira un total de 45 parcelas con superficies que van de vos 546 metros cadrados aos 2.000 con posible uso industrial- comercial. En total, segundo a información que facilita a entidade propietaria e encargada de comercializar o chan, ocupan nada menos que 53.348 metros cadrados. Cabe lembrar que o polígono, inaugurado alá polo ano 2004 xunto á estrada Ortigueira-As Pontes, conta con 133.000 metros. E só a macroparcela de Norfor suma 50.000.

No caso de Cedeira, moito máis pequeno que o ortegano, a oferta é algo máis reducida. Dos 57.000 metros cadrados que ocupan as parcelas, ofértanse 37.477, repartidos entre 36 predios, que roldan os 1.000 metros cadrados. A maioría -31- están concibidos para usos industriais e os restantes a comercial-terciario.

Os prezos varían segundo a área industrial. En Cedeira as parcelas máis baratas saen por 34,17 o metro cadrado e as máis caras a 37,50. Mentres no caso do polígono de Cuiña, os prezos móvense entre os 27 e os 30 euros, contías ás que haberá que sumar o IVE en ambos os casos.

Existen axudas adicionais? Apuntan desde o Instituto ortegano de promoción económica que, á marxe das subvencións extensibles a todo o territorio galego, os empresarios que queiran asentarse na zona poderían beneficiarse de axudas como as do Plan Ferrol, o Galp A Mariña-Ortegal e ou o grupo de desenvolvemento local Seitura 22. A estas posibles liñas de financiamento poderían engadirse, segundo o caso, outras municipais.

Cedeira, tal e como apunta o seu alcalde, Pablo Moreda, oferta bonificacións do 90 % no imposto de construcións para as firmas que se instalen na Trabe. Ten ademais axudas de 2.000 euros para emprendedores e un programa de microcréditos de ata 25.000 euros sen avais, en colaboración coa Caixa.

Pola súa banda, Ortigueira, que durante o pasado mandato aplicou descontos no ICIO e axudas directas á creación de empregos, carece neste momento de axudas específicas. Con todo, desde o goberno local informan de que se están redactando as bases para outorgar en 2018, axudas para os gastos de implantación de empresas. En canto, ás bonificacións aseguran que, debido ao plan de axuste existente, non poden conceder reducións no pago de impostos e taxas.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Novas gangas para impulsar os polígonos de Cedeira e Ortigueira