Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Os veciños de Cedeira demandaron onte “Unhas pensións dignas”

OS VECIÑOS DE CEDEIRA DEMANDARON ONTE “UNHAS PENSIÓNS DIGNAS”

Varios centos de persoas percorreron onte as rúas de Cedeira en demanda de “unhas pensións dignas”. A veciñanza respondía así á convocatoria promovida pola Asociación de Maiores da localidade que era secundada polo equipo de goberno. O acto de protesta deu lugar así mesmo á lectura dun manifesto por parte da presidenta da entidade, Juana Cheda, para dicir que “negámonos a aceptar que nos queiran condenar á pobreza despois de toda vida traballando” e asegurar sentirse indignada na mesma medida pola pírrica suba dun 0,25% como pola carta enviada desde o Ministerio para anunciar o devandito incremento. “Gastaron máis en mandar as cartas que na suba das pensións”, dixo.

A presidenta da entidade tamén destacou que “nós cremos no sistema público pero quen goberna está máis por impulsar os plans privados para enriquecer aos bancos e mesmo ás grandes empresas que por garantir a calidade de vida das xubiladas e xubilados deste país”. Cheda tamén fixo referencia o feito de que os pensionistas galegos cobran ata 15 puntos menos que os do resto do Estado e reclamou que “todos e todas debemos ser cidadáns de primeira, se traballamos debemos ter un salario que nos permita vivir con dignidade e se somos xubilados ter unha pensión igualmente digna”.

Nivel de alerta laranxa

NIVEL DE ALERTA LARANXA

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por refachos de vento superiores aos 100 km/h, que comezará nas primeiras horas do mércores día 14.03.2018 e prolongarase ata a tarde/noite de dito día.
Este adverso afectará ás zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña, provincia de Pontevedra, sur de Ourense, noroeste de Ourense, montaña de Ourense, A Mariña lucense, centro de Lugo e montaña de Lugo.

A información meteorolóxica podrá ser consultada a través da páxina web da AEMET
Ir a páxina web de AEMET