Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

O proxecto “Sinalización de lugares de interés turístico do Concello de Cedeira” recibiu financiación do FEADER

O PROXECTO “SINALIZACIÓN DE LUGARES DE INTERÉS TURÍSTICO DO CONCELLO DE CEDEIRA” RECIBIU FINANCIACIÓN DO FEADER

O Concello de Cedeira recibiu unha subvención da Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, para Sinalización de lugares de interese turístico. O proxecto consistiu en realizar actuacións de sinalización dos lugares do territorio do concello considerados prioritarios en canto ao seu interese paisaxístico, como son os miradoiros do concello, mediante a instalación de paneis informativos, e tamén na sinalización de todos os puntos de interese do concello a través dunha app turística para terminais iOs e Android.

O importe total do proxecto foi de 21.695,30 €, e a subvención concedida foi de 16.271,48 €, sendo as actuacións cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

A obra “O Tolleiro de Inishman” poderase ver o domingo no auditorio de Cedeira

A OBRA “O TOLLEITO DE INISHMAN” PODERASE VER O DOMINGO NO AUDITORIO DE CEDEIRA

O auditorio municipal de Cedeira acollerá o domingo (día 29 de outubro) unha nova representación teatral. Unha convocatoria que será ás 18.30 horas e dará lugar á posta en escena da obra “O tolleito de Inishman”, un espectáculo dirixido por Cándido Pazó e ambientado nunha illa irlandesa, chea de personaxes curiosos, pintorescos, característicos, e entre todos eles un tolleito, un ser desfavorecido que soña con poder ser amado e valorado. Unha
comedia coa que o público se sentirá “atrapado polo humor e a tenrura” dun teatro “tan entra- ñable e tan noso” como o irlandés, tal e como apuntaron algúns críticos.

Primeiras actividades de Samaín en Cedeira da man da ANPA Picapeixe

PRIMEIRAS ACTIVIDADES DE SAMAÍN EN CEDEIRA DA MAN DA ANPA PICAPEIXE

As celebracións do Samaín xa están en marcha en Cedeira coas actividades que desde o pasado luns reúnen aos alumnos do colexio Nicolás del Río nos obradoiros e iniciativas organizadas polo ANPA Picapeixe.

Se onte o programa deu lugar á decoración de camisetas hoxe a actividade estará centrada na elaboración de chapas. Iso será ás cinco da tarde xa que despois, ás 18.30 horas, está prevista unha sesión de contacontos e a presentación do obradoiro “Como contar un conto”.

A programación proseguirá ao longo dos dous próximos días coa celebración de novos talleres de manualidades, a proxección de vídeos doutros samains anteriores e a presentación do libro “Catro contos de medo”. Este último acto terá lugar o xoves, a partir das oito da tarde na sala Áncora, local que tamén está a acoller as actividades organizadas pola ANPA Picapeixe.