Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

O pintor Teo Cachón mostra as súas últimas creacións nunha exposición que abriu hoxe no palacete municipal

O PINTOR TEO CACHÓN MOSTRA AS SÚAS ÚLTIMAS CREACIÓNS NUNHA EXPOSICIÓN QUE ABRIU HOXE NO PALACETE MUNICIPAL

Teo Cachón é un pintor nacido no Bierzo e con máis de 47 anos de vida artística sobre as súas costas, que agora vai mostrar en Cedeira as súas últimas creacións artísticas nunha exposición que abrirá ao público o próximo luns.
O palacete municipal (avenida Castelao, nº 18) acollerá unha colección de 23 obras realizadas principalmente en óleo e de estilo neocubista, segundo o propio artista.
A mostra poderase visitar ata o día 8 de abril nunhas instalacións que abrirán de luns a xoves de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas e o venres e sábado de 10.00 a 14.00 horas.

O auditorio acollerá o luns un encontro de acordeóns

O AUDITORIO ACOLLERÁ O LUNS UN ENCONTRO DE ACORDEÓNS

O Concello de Cedeira colabora coa Asociación de Acordeóns da vila na organización dun encontro que sobre dito instrumento terá lugar o luns no auditorio municipal, a partir das sete da tarde. Ademais da agrupación local, participarán na cita alumnos do Conservatorio Profesional de Música de Ourense. A asistencia ao concerto é libre e gratuíta.

Culturactiva representará este sábado no auditorio municipal a obra “O Valo”, da que é autor o Cedeirense Carlos Labraña

CULTURACTIVA REPRESENTARÁ ESTE SÁBADO NO AUDITORIO MUNICIPAL A OBRA “O VALO”, DA QUE É AUTOR O CEDEIRENSE CARLOS LABRAÑA

Baixo a dirección de Iván Prado representarase o próximo sábado en Cedeira a obra “O Valo”, da que é autor o dramaturgo cedeirense Carlos Labraña, gañador do IX Premio Manuel María.

Trátase dun espectáculo que “fala do encontro de dous mundos, dúas realidades, dúas consciencias encarnadas en dous personaxes ben distintos: O Soldadiño de Chumbo e Sahara, a rosa do deserto. Un encontro a ambos os dous lados dunha fronteira que non só separa a civilización do baleiro, senón que abre unha ferida no corazón da humanidade”.

O auditorio municipal acollerá unha representación que correrá a cargo dos actores Fran Rei e Saleta Fernández. O vestiario é obra de Kukas e Chus Aldrey e a música, tamén orixinal, de Jerry Noia. É unha produción de Pallasos en Rebeldía e Culturactiva SCG.

A función, prevista para as sete da tarde, vai dirixida a un público familiar. O prezo da entrada é de 2,5 euros.