Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

POR FAVOR, RÓGASE NON MOLESTAR AOS ANIMAIS

As dificultades de convivencia, entre o gando que pasta libremente pola Serra e as persoas visitantes, é unha problemática que se vén detectando co aumento da afluencia turística. Como medida preventiva, e co fin de mellorar esta convivencia, desde o concello ofrécense uns consellos básicos para persoas non acostumadas á vida no rural, que descoñecen os comportamentos dos animais en liberdade.

Non debemos esquecer que a Serra da Capelada é un espazo de actividade gandeira e debemos respetar tanto aos animais como as actividades que nela teñen lugar.

Polo ben dos animais e das persoas, rógase non molestar ao gando ni aos cans gardiáns, deste xeito evitaranse posibles incidentes que poden presentar un dobre perigo, tanto para as persoas como para os propios animais. Por un lado os animais ao sentirse atacados poden defenderse e danar ás persoas ,e por outro, poden sentirse asustados e fuxir, extraviándose ou resultando feridos.

Agradécese a colaboración de todas as persoas co fin de lograr unha boa relación entre o turismo e o respecto polo medio e actividades que nel se desenvolven.