Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CONTEDORES DE TÉXTIL

Dende que entraron en funcionamento os 5 contedores destinados a recollida selectiva de residuos téxtiles e calzado, tras a sinatura do convenio de colaboración entre o concello de Cedeira e a empresa de iniciativa social emprendedora INSERTEGA S.L., o pasado marzo de 2023 e ata día de hoxe, recolléronse 15.830 Kg de téxtiles.

Coa xestión destes residuos mediante a reutilización e a reciclaxe, evitouse a xeración de 50,16 toneladas de CO2.

Por isto, dende o concello, quérese felicitar á poboación cedeiresa pola súa colaboración nesta iniciativa solidaria, ademáis do coidado do medio ambiente e a loita contra o cambio climático.

Anímase a toda a veciñanza a continuar a empregar activamente estes contedores (así como os outros dispoñibles para recollida selectiva), destacando a importancia da implicación da cidadanía para o éxito destas iniciativas.