Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Concerto: Xico de Carinho e Alberto Mvundi Grupo

Este evento terminou

O venres 11 de novembro ás 21.00h no Auditorio Municipal.

Programación Traz Outro Amigo Também.

Entrada libre.

Música desde Ángola.

«Alberto é un facedor de cancións instintivo, amamantado por sons que recordan a súa orixe». As súas composicións teñen esa fusión de estilos que caracteriza a música africana. Cancións con ritmos de raíz angoleña misturada con influencias portuguesas que lle dan ese aire alegre e nostálxico á vez, e que Alberto canta en portugués e en idiomas da terra dos seus ancestros.

Nesta ocasión poderemos escoitar a Alberto Mvundi acompañado da súa banda e coa colaboración de Xico de Carinho que tamén presentará temas propios .