Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Maio Creacións presenta “A viaxe de Mina”

Este evento terminou

Hoxe sábado 6 de novembro ás 19.00 h.

Públicoi nfantil a partir de 3 anos.

Mina era unha nena alegre, segura de si mesma, feliz; pero cuns gustos un tanto estrafalarios e… gorda, e iso á sociedade non lle gustaba. Mina querıá vivir nun mundo de xente diferente, pero os demáis empeñábanse en convertilo nun mundo que se ría de quen era diferente. Mina embarcarase nunha viaxe interestelar onde terá que tomar a decisión máis importante da súa vida. Nesta historia tocaranse temas como a igualdade, o respecto ou a tolerancia e desta forma fomentar unha educación

igualitaria, e axudar a que desaparezan ideas preconcebidas e prexuı́zos de carácter sexista e que permita o desenvolvemento libre das persoas. Utilizando como ferramentas a tradición oral (os contos) e a música en directo, animando a nenas, nenos, pais, nais, avós, avoas… a participar na mesma.