Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Proxectos financiados polo GALP

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal elaborou unha estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLP) para o período de programación do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, que foi aprobada pola Consellería do Mar.

O GALP é unha entidade colaboradora da Consellería do Mar na dobre vertente de axente de desenvolvemento na aplicación da EDLP da zona pesqueira, e na xestión e o control das axudas que se tramiten para o desenvolvemento da devandita estratexia.

Os proxectos desenvoltos no Concello de Cedeira polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal son:

O concello de Cedeira, xunto cos concellos de Ribadeo, e Burela participa nun proxecto conxunto que pretende potenciar e por en valor o patrimonio natural e cultural destas zonas pesqueiras, especialmente a través da súa xeodiversidade.

O proxecto, financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, esténdese nas anualidades 2016 e 2017, e pretende establecer unha estratexia de turismo sostible mediante a planificación e posta en valor dos seus recursos. O importe da axuda é de 149.808,57 €

O concello de Cedeira e a Confraría de Pescadores de Cedeira participan no proxecto conxunto “A Cultura do Mar, exaltación dos productos marisqueiros de Cedeira”, financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.

O proxecto, que ten como obxectivo dinamizar a venda dos productos do mar da zona, axudar na integración das persoas deste sector e potenciar o turismo, recibiu unha subvención de 24.053,42 €.

O concello de Cedeira xunto coa Confraría de Pescadores de Cedeira, colaboran no proxecto conxunto “O sentir mariñeiro”, que ten como obxectivo incrementar o emprego e a cohesión do territorio, Este proxecto trata de xerar un sentir propio ligado ao coñecemento dos medios ao través dos cales os mariñeiros e mariscadores de Cedeira proporcionan o producto final, pondo en valor o patrimonio e reforzando a identidade.

Este proxecto está financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, para a cal o proxecto obteu unha subvención de 90.813,20 €.

O concello de Cedeira xunto coa Confraría de Pescadores de Cedeira, colaboran no proxecto conxunto “Sabores do mar:Promoción da calidade e diferenciación dos productos mariños de Cedeira e da súa REMIP”, que ten como obxectivo fomentar a economía local dando a coñecer e os productos do mar. Mediante a extracción biosostible contribuíndo ao mantemento da riqueza e a diversidade.

Este proxecto está financiado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro de A Mariña-Ortegal, dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobado pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, para a cal o proxecto obteu unha subvención de 43.036,79 €.