Skip to content Skip to left sidebar Skip to right sidebar Skip to footer

Trémola Teatro – que animaliño é?

Hoxe 6 de decembro ás 19.00 h.

Infantil de 6 meses a 4 anos.

Paula está moi contenta porque o seu pai contoulle un conto de animais e regaloulle un xilófono.Para darlleas grazas,vai tocarlle unha canción, pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica comezan a saír os animais que aparecían no libro,e grazas a eles descubrirá moitas cousas.

Qué animaliño é?, é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor . A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons…) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura