Cantos e contos ao solpor
-
Data
21 Setembro, 2019
-
Hora
8:00 pm
Hoxe sábado 21 de setembro na praza do Concello ás 20.00 horas, Maquinarias Teatro e Roger de Flor presentan “Ela e Dylan: As flores solitarias”.
Roger de Flor e Helga Méndez García presentan un espetáculo poético e concerto acústico sobre letras de cancións e poemas de Bob Dylan traducidas á nosa lingua. O fío temático é a muller nas letras e na música do artista norteamericano. Durante unha hora irán sucedendo o recitado de letras e textos de Dylan mesturados coas cancións cantadas a unha ou dúas voces.