Febreiro 2019

Teatro adultos – “Lolo e mamá”

  • 23 Febreiro, 2019
  • 8:00 p.m.
  • Auditorio municipal

Ás 20.00 horas no Auditorio municipal, Ste Xeito Producións presentan a obra “Lolo e mamá”.

Loló e Mamá fai ver, grazas a un humor fino e acedo, que as cousas case nunca son o que parecían, que as relacións familiares case sempre son máis difíciles do que nos gustaría e, sobre todo, que o amor é unha ferramenta de dobre filo: canto máis se ama, máis se sufre.

Entrada: 2,50 euros.

Marzo 2019

Teatro familiar – “Güela, Güela”

  • 16 Marzo, 2019
  • 6:00 p.m.
  • Auditorio municipal

“Güela, Güela” de Galitoon preséntase ás 18.00 horas no Auditorio municipal (obra recomendada entre os 2 e os 8 anos).

Único espectáculo dunha compañía galega no Museo Nacional del Prado. Baseada na obra “Concierto de aves” de Frans Snyders, representouse durante o 2015 e 2016 no marco das actividades dirixidas ao público familiar e infantil que visita o Museo.

Entrada: 2,50 euros.

Teatro adultos – “DEP”

  • 30 Marzo, 2019
  • 8:00 p.m.
  • Auditorio municipal

D.E.P. de Malasombra Producións é unha trepidante comedia na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: “que mamá morra axiña por favor! “.

No Auditorio municipal ás 20.00 horas preséntase este espectáculo dirixido a un grande abano de públicos.

Entrada: 2,50 euros.