Entroido 2019
- 2 Marzo, 2019
- 11:45 p.m.
- Praza Roxa - Pavillón
O programa de actividades previstas para a celebración do entroido ao longo deste sábado son:
O desfile dará comezo ás 17.00 horas. O seu punto de partida será a praza Roxa e, despois de percorrer as principais rúas da vila, chegará ao pavillón polideportivo, que acollerá as actuacións. A animación correrá a cargo da Batukada dos Discalz@s. O xurado estará formado por representantes de asociacións ou colectivos nomeados pola administración local, que valorará o vestiario e estética dos participantes, a creatividade dos disfraces, a posta en escena e a animación.
A xornada rematará coa actuación da orquestra “Israel” na praza Roxa, a partir das 23.45 horas.