Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

ARENALES

aerea.sonreirasEn cada proposta, Cedeira abre un mundo de posibilidades. Tamén en canto ás súas praias. Aínda que bañadas polo mesmo mar, todas e cada unha delas moi diferentes entre si. Con diferentes opcións, para diferentes públicos. Con augas tranquilas e fina area nos areais máis urbanos e con espectaculares paisaxes nas calas máis distanciadas do centro. Entre todas elas, por ubicación, tamaño e afluencia, a praia da Magdalena é a principal. Situada no mesmo corazón da vila, bordea o seu casco urbano. Exténdese ao longo duns dous quilómetros e rexistra unha alta ocupación durante todo o verán. A súa area blanca e fina pérdese na zona dunar arbolada que a delimita. As súas augas son tranquilas e perfectas para o baño dos máis pequenos da casa, así como para a práctica de deportes náuticos.

No outro extremo da vila, ao abrigo do peirao, onde fondean as embarcacións, atópase a Arealonga, tamén cunha alta ocupación no verán. Aínda que as súas dimensións son reducidas, merece a pena achegarse a Miseñora, unha pequena enseada ubicada ao pé do faro, xa que permite contemplar toda a entrada á ría. Noutro paraxe único, a primeira vista inaccesible e salvaxe, atopamos a praia das Sonreiras. Nas inmediacións das antigas cetáreas, está próxima ao peirao e ao Castelo da Concepción. Os seus grandes atractivos: augas claras e paisaxe espectacular. O catálogo de praias de Cedeira complétase con Cerdeiras e Burbullas, pequenas calas ideais para os amantes da tranquilidade, xa que non soen rexistrar demasiados visitantes.