ESTRUTURA DO DEPARTAMENTO DE PERSOAL E FACENDA
O departamento de Persoal do Concello de Cedeira atópase no semisoto da Casa do Concello (rúa Real, 15) e está dirixido polo concelleiro-delegado Manuel Pérez Riola.
Este departamento encárgase da área de persoal municipal e dos procedementos selectivos para a contratación de persoal.
O departamento de Facenda e Servizos Económicos do Concello de Cedeira atópase no primeiro andar da Casa do Concello (rúa Real, 15) e está dirixido polo concelleiro-delegado Manuel Martínez López.
Esta área xestiona todos os asuntos relativos á xestión económico-financieira do Concello, entre os que teñen especial relevancia a área orzamentaria e a sección de intervención, encargada da fiscalización e control.