Teñen unha bonificación do 100% da cota do IVTM os seguintes vehículos:
- Os catalogados como históricosen virtude do disposto no Real Decreto 1247/1995, do 14 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de Vehículos Históricos e demais normativa concordante.
- Os que teñan unha antigüidade mínima de 25 anos,contados a partir da data da súa fabricación ou, se esta non se coñecese, da data da súa primeira matriculación ou, no seu defecto, a data en que o correspondente tipo ou variante se deixou de fabricar.
Esta bonificación ten efectos a partir da devindicación do IVTM seguinte a aquela en que se cumpran os 25 anos de antigüidade do vehículo. A solicitude de bonificación debe ir acompañada de documentación acreditativa da antigüidade do vehículo.
Teñen unha bonificación do 50% na cota do IVTM durante os cinco primeiros anos naturais contados desde a súa primeira matriculación os seguintes vehículos:
– Con motor eléctrico.
– Con motor híbrido eléctrico-diésel.
– Con motor híbrido eléctrico-gas.
– Con motor adaptado para biodiésel.
– Con motor de hidróxeno.
A solicitude de bonificación debe ir acompañada da ficha técnica do vehículo que acredite a súa inclusión nalgunha das categorías previstas.
De ser concedida, a bonificación ten efecto a partir do exercicio seguinte ao da solicitude, agás no caso de alta, en que tamén se aplica no imposto de autoliquidación correspondente.