O Punto de Información Catastral do Concello de Cedeira é unha oficina autorizada pola Dirección Xeral do Catastro na que se pode acceder á información catastral.
Casa do Concello. Rúa Real 15, semisoto.
Mércores de 9.00 h a 14.00 h, con cita previa.
981 480 000 (extensión 2). Persoa de contacto: Javier Zunzunegui)
Os servizos dispoñibles no Punto de Información Catastral son:
- Información de carácter xeral e particular sobre
- Asesoramento sobre obrigas co Catastro.
- Notificación por comparecencia en procedementos catastrais.
- Servizo de consulta libre e certificación de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
- Servizo de consulta e certificación electrónica para titulares de datos catastrais protexidos relativos aos inmobles da súa titularidade.
- Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa á propia persoa
Os Puntos de Información Catastral unicamente poden certificar a titulares catastrais ou a persoas debidamente autorizadas.
Non poden, por tanto, certificar no caso de persoas falecidas ou que non figuren na base de datos como titulares catastrais. Nestas circunstancias, deberase acudir sempre á Xerencia do Catastro.
Rúa Comandante Fontanes, 7, baixo, 15071 A Coruña.
Horario de inverno: de luns a xoves, de 9.00 h a 17.30 h; venres: de 9.00 h a 14.00 h.
Horario de verán (do 16 de xuño ao 15 de setembro): de luns a venres, de 9.00 h a 14.00 h.
981 16 13 72
gerencia.galicia@catastro.minhap.es
Os trámites para solicitar información no punto de información catastral son os seguintes: