EL GOBIERNO DE CEDEIRA CALIFICA DE “HISTÓRICA” LA CONCENTRACIÓN FEMENINA

Mulleres de todas as idades déronse cita hoxe diante do Concello de Cedeira para reivindicar os dereitos laborais e sociais das mulleres con motivo do día 8 de Marzo.

Os responsables municipais falan dunha “concentración histórica” polo importante número de persoas que secundaron coa súa presenza a convocatoria que partiu do equipo de goberno e que deu comezo ás 12.30 horas.

Foi precisamente a Concellería de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, a persoa que deu lectura ao manifesto. Comezou cun recordatorio ás mulleres que non poideron estar porque non lles permitiron facer folga.

Durante a súa intervención recordou que o día 8 de Marzo simboliza a loita das mulleres na defensa dos seus dereitos laborais, citou ás mulleres que morreron quimadas por reclamar a igualdade salarial en Nova York e significou o apoio do executivo local á folga feminista “porque toda a loita contra a discriminación e a violencia machista, toda a loita pola igualdade real é tamén a nosa loita, das mulleres e homes que formamos a día de hoxe o goberno municipal”, dixo para rematar.