Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

XORNADA DE DISPERSIÓN DE XABARÍS

O Concello de Cedeira informa de que mañá sábado, a partir das 09.00 horas, unha xornada de dispersión de xabarís na zona da Madalena e O Beco, coa intención de sacalos do casco urbano e redirixilos a zonas de monte.
A Asociación de Cazadores de Cedeira colaborará con persoal e cans, para levar adiante este cometido, no que non se empregarán escopetas na citada zona urbana.

A Policía Local e a asociación de Protección Civil de Cedeira establecerán un límite de velocidade, avisos e posibles cortes de tráfico na AC566 desde o tramo da Camposa ata O Sálvora, no que se poderá circular pero a velocidade reducida para evitar accidentes polo paso dos xabarís.

Prégase evitar mañá a circulación en vehículos e sobre todo a pé, entre as 09.00 e as 11.00 horas, polas seguintes zonas: O Beco, A Madalena, San Isidro, Laboreña, Cordobelas e Campo da Cruz.