Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Xornada de Difusión da Cultura Mariñeira

XORNADA DE DIFUSIÓN DA CULTURA MARIÑEIRA

Desde o GALP A MARIÑA ORTEGAL e o GALP GOLFO ÁRTABRO NORTE estase a desenvolver o proxecto “MARES DE EXPERIENCIAS” co o obxectivo de promover e dinamizar os territorios a través do sector turístico e pesqueiro.

O 5 de setembro de 11:00 a 12.30 horas celebrarase en Cedeira unha Xornada de Difusión da Cultura Mariñeira, na que se informará á poboación sobre cal é o potencial económico e de xeración de emprego do turismo mariñeiro.

Xunto a estas xornadas de difusión, celebraranse uns Seminarios de Formación para contribuír ao impulso do emprendemento no ámbito do Turismo Mariñeiro. Estes seminarios van dirixidos a desempregados, mulleres e colectivos en risco de exclusión e versarán sobre: plan de empresa, plan de marketing, lexislación e creación de redes. Celebraranse en Cedeira nas seguintes datas e co seguinte horario:

– Plan de Negocio (2 sesións): 13 de setembro de 10:00 a 13:00 h (1ª sesión), e 21 de setembro de 10:00 a 13:00 h (2ª sesión)

– Plan de Marketing (2 sesións): 27 de setembro de 10:00 a 13:00 h (1ª sesión) e de 16:00 a 19:00 h (2ª sesión)

– Lexislación: 4 de outubro de 9:30 a 13:30 h

– Creación de Redes: 10 de outubro de 9:30 a 13:30 h

Sobre estes seminarios informarase tamén na xornada de difusión.

Máis información na nova dispoñible na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Xornada de Difusión e dos Seminarios de Formación do proxecto “MARES DE EXPERIENCIAS”