Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Vicente del bosque é este ano o invitado da gala do deporte

VICENTE DEL BOSQUE É ESTE ANO O INVITADO DA GALA DO DEPORTE, QUE SE CELEBRARÁ O PRÓXIMO VENRES NO PAVILLÓN DE CEDEIRA

O exseleccionador nacional de fútbol de España (2008-2016), adestrador (1999-2003) e xogador (1968-1984) do Real Madrid, Vicente del Bosque González, será este ano o invitado na Gala do Deporte que o Concello de Cedeira organiza como recoñecemento aos seus deportistas. A cita será este venres e dará comezo ás oito da tarde.

O pavillón municipal acollerá un acto que, presidido polo alcalde, Pablo Moreda Gil, aportará como principal novidade o nombramento do xogador de fútbol Juan Rodríguez Martínez como mellor deportista cedeirense do ano. Esta distinción é unha iniciativa dos clubes da localidade para recoñecer os éxitos dos deportistas locais fóra de Cedeira. Na actualidade Rodríguez Martínez é xogador do Sporting de Xixón. Con anterioridade tamén vestiu a camiseta do club cedeirense, do Racing de Ferrol, do Arosa e do Somozas. Ademais é un brillante estudante de Matemáticas.

A este recoñecemento haberá que sumar a elección do mellor deportista cedeirense competindo nos clubes locais. Os finalistas dentro deste apartado son o nadador Manuel Ribeiro, elixido polo Club Natación, e os remeiros Raúl López e Marcos Pernas, do club de Remo e gañadores da anterior edición da gala.

Tamén haberá distincións especiais para outros deportistas locais e intervencións por parte do invitado e dos homenaxeados.