Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Unha Entrevista a Irene Caruncho pecha un boletín informativo que explica polo miúdo os orzamentos deste ano

UNHA ENTREVISTA A IRENE CARUNCHO PECHA UN BOLETÍN INFORMATIVO QUE EXPLICA POLO MIÚDO OS ORZAMENTOS DESTE ANO

O boletín “As7parroquias” volve a estar na rúa unha vez pasado o tempo de Entroido. Neste número, a publicación informativa do Concello de Cedeira recolle detalladamente os orzamentos municipais que estarán en vigor ao longo deste ano.

Concellerías como a de Cultura, con máis de 400.000 euros orzamentados, aproveitan esta nova edición do boletín para adiantar á veciñanza os programas e actividades previstos para os próximos meses, un recurso que tamén é utilizado polas áreas de Obras, Medio Ambiente, Servizos Sociais e Deportes. Así, nun total de catro páxinas os veciños teran a posibilidade de coñecer polo miúdo as liñas xerais da política do goberno local para este ano, así como algunhas das accións e iniciativas más importantes, entre as que cabe sinalar a inversión de máis de 300.000 euros na mellora e ampliación da rede de saneamento, a obra de reforma dos vestiarios do campo de fútbol e a posta en servizo dun transporte para que os maiores que viven na zona rural poidan achegarse ao centro médico. O departamento de Servizos Sociais, ao que pertence esta última iniciativa, disporá este ano do orzamento de maior cuantía de toda a historia do Concello de Cedeira. Administrará máis de 866.000 euros.

A entrevista realizada á gañadora do certame “La Voz” de Telecinco, Irene Caruncho, é o broche con que pecha o boletín número seis da publicación informativa do Concello de Cedeira.

Ligazón para descarga do boletín nº6