Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Unha ducia de locais de hostelería participan no primeiro concurso de tapas de merluza da volanta de Cedeira

UNHA DUCIA DE LOCAIS DE HOSTALERÍA PARTICIPAN NO PRIMEIRO CONCURSO DE TAPAS DE MERLUZA DA VOLANTA DE CEDEIRA

Unha ducia de negocios de hostalería da vila de Cedeira participarán na primeira edición do concurso de Tapas de Merluza da Volanta de Cedeira, unha iniciativa que se fai concidir coa celebración da primera Festa da Merluza da Volanta. Ambas as dúas citas serán os días 29 e 30 do presente mes de abril.

Os locais que confirmaron a súa participación son: restaurante Brisa, taberna Praza do Peixe, mesón San Antón, taberna do Jojó, mesón A Marieta, restaurante Vila Vella, mesón A Ría, A Balandra, cervecería Rosi, O Mesón, a cafetería do auditorio municipal e O Sálvora. A organización corre a cargo da Confraría de Pescadores da localidade, que conta coa colaboración do Concello cedeirés.

En canto ao certame gastronómico, cabe sinalar que a pescada adquire todo o protagonismo como ingrediente principal. Os consumidores, pola súa banda, terán que probar alomenos un mínimo de cinco tapas para poder emitir a súa opinión con respecto as propostas culinarias presentadas polos establecimentos. Para elo a organización repartirá unhas tarxetas de votación durante esa fin de semana.

Todas as tarxetiñas entrarán nun sorteo para unha cea para dúas persoas no local que resulte ganador do certame.

As tapas serviranse ao prezo de 1,5 euros.