TERUCA BOUZA, OQUETIQUEIRAS E MUIÑEIRAS DO VENTO, OS TRES GRUPOS SELECCIONADOS PARA O CICLO “FUSA GUILLÉN”
O Concello de Cedeira inaugura este próximo domingo, día 17 de novembro, a terceira edición do ciclo de teatro afeccionado “Fusa Guillén”, despois de seleccionar as tres obras que se van incluír no programa entre as doce que concurriron á convocatoria. A compañía mugardesa Teruca Bouza abrirá o calendario e seguiranlle as ferrolás Oquetiqueiras, do Grupo Bazán, e Muiñeiras do Vento, do barrio de Canido, os días 30 de novembro e 1 de decembro.
Un ano máis, o ciclo quere lembrar e homenaxear á cedeiresa de adopción e activista cultural Fusa Guillén, falecida en 2020, que impulsou as artes escénicas na localidade. Todas as obras seleccionadas están dirixidas ao público adulto e as tres funcións serán de entrada gratuíta, no Auditorio Municipal.
Este domingo, ás 19.00h, abrirá o ciclo o grupo mugardés Teruca Bouza coa obra “Unha luz na noite”. A peza está protagonizada por un matrimonio, Isabel e Miguel, estancado na rutina. Unha tarde, de volta de ver unha película romántica no cine, Isabel deixa voar a súa fantasía e imaxina que, como na película, deixando unha lámpada na fiestra pola noite, un amante entraría a buscala. Miguel descóbrea e sospeita que Isabel é realmente infiel. Así, comenza unha chea de mentiras e enganos que porán a proba o verdadeiro amor do matrimonio. Unha Luz na Noite, é unha comedia que, nos leva por unha viaxe de sentimentos, que nos fan reflexionar sobre como afrontar a vida en parella.
“Ora Pro Nobis” é o título que a compañía Oquetiqueiras representará no Auditorio de Cedeira o día 30 de novembro, ás 20.00h. Un convento perdido nun monte, tres atípicas monxas, un extraño cura e unha noviza na búsqueda dunha insegura vocación, que espera encontrala nesta comunidade . Aínda que nada é o que parece, a confusión, os malos entendidos e segredos inconfesables fan que a situación mude e se complique e ofreza moitos momentos divertidos.
O grupo Muiñeiras do Vento, da asociación cultural Muíño do Vento de Canido, en Ferrol, representará el día 1 de diciembre, a las 19.00h, a obra “Heroínas cotiás”. Ao marxe das mulleres con sona e grandes traxectorias que todos e todas coñecemos, a peza fala das mulleres coas que convivimos e compartimos vida, historia, experiencias, esperanzas, decepcións, obxectivos… “Elas, nosoutras, somos as heroínas das nosas vidas e verédelas, verédesnos, neste percorrido de respecto, memoria, sensacións e amor. Un teatro de gozo, unha experiencia do que é vivir o teatro, realizalo, interpretalo e vivilo sen límites, con honestidade e ben facer”, di a presentación da función.