Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Suárez Sandomingo presenta o seu último libro na sala Áncora e Alberte Couto inaugura exposición no palacete

SUÁREZ SANDOMINGO PRESENTA O SEU ÚLTIMO LIBRO NA SALA ÁNCORA E ALBERTE COUTO INAUGURA EXPOSICIÓN NO PALACETE

A sala Áncora de Cedeira acollerá o próximo xoves, día 31 de agosto, a presentación do libro “Historia del cine y el teatro en la comarca de Ortegal”, do que é autor José Manuel Suárez Sandomingo. O acto dará comezo ás 20.00 horas e no transcurso do mesmo o escritor tamén fará unha introspectiva doutras das súas obras. Suárez Sandomingo é doutor en Ciencias da Educación e ortegano de nacemento.

A partir do próximo venres, día 1, estará aberta ao público a exposición “Nocturnalia”, unha colección de imaxes nocturnas, urbanas e de paisaxes costeiras obra do fotógrafo cedeirense Alberte Couto. A mostra estará ata o día 15 de setembro no Palacete municipal.