Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

“Seráns na rúa” encherá as tardes da vila de teatro, circo e de moito espectáculo

“SERÁNS NA RÚA” ENCHERÁ AS TARDES DA VILA DE TEATRO, CIRCO E DE MOITO ESPECTÁCULO

“Seráns na rúa” é unha proposta divertida para encher as tardes de festa que están por vivir na vila de Cedeira. A praza do Floreal é o escenario elixido para reunir, a partir das oito da tarde, a todas aquelas persoas que gustan tanto do teatro como do circo e do mundo do espectáculo en xeral.

O programa arrincará o domingo día 13 co Circanelo, unha convocatoria apta para todos os públicos e na que o teatro xestual mestúrase coa danza e mesmo tamén coa acrobacia.

Dani García levará o luns 14 a Cedeira o espectáculo Código, no que unha combinación de números, letras e símbolos permítelle ao artista comunicarse co seu público. Esta cita vai dirixida á mocidade e público adulto.

Menú Magnífico é unha proposta dirixida a persoas de todas as idades e unha boa mostra do que é reivindicar o circo clásico. Será o martes 15 na praza do Floreal.

A programación “Seráns na rúa” pechará o mércores 16 co grupo Kanbahiota, que levará á vila un espectáculo de rúa cargado de humor.