Seguridade viaria para os alumnos do CEIP Nicolás del Río
SEGURIDADE VIARIA PARA OS ALUMNOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO
As xornadas escolares de seguridade viaria promovidas polo Concello de Cedeira comezarán o martes, con dúas charlas, unha dirixida ao profesorado do CEIP Nicolás do Río (18 horas) e outra aos pais. O equipo de seguridade viaria do Concello de Narón impartirá ambas sesións e a semana do 27 ao 31 de marzo, o alumnado do centro recibirá clases teóricas e prácticas sobre educación viaria. Contarán para iso co parque infantil de tráfico de Narón, cedido polo Concello, actividade que se complementará cun contacontos, unha exposición de material organizada pola Policía Local de Cedeira, e labores de control do tráfico nas inmediacións do centro por parte dos estudantes de maior idade. Doutra banda, a Fundación Mapfre entregou onte ao Concello cedeirense libros e outros recursos didácticos sobre seguridade viaria, para repartir entre todos os escolares do CEIP Nicolás do Río.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN seguridade viaria para os alumnos do CEIP Nicolás del Río