Segunda feira do viño e xuntanza moteira promovidas polo colectivo zona vella
SEGUNDA FEIRA DO VIÑO E XUNTANZA MOTEIRA PROMOVIDAS POLO COLECTIVO ZONA VELLA
O colectivo de empresarios da Zona vella organiza a segunda Feira do Viño, os días 15 (de 19.30 a 23.00 horas) e 16 (de 12.00 a 15.00) de xullo no Paseo da Mariña, coa participación de sete distribuidoras. Os asistentes degustarán pastelón das Camelias e Arribi, e haberá animación musical.
E para o 29 de xullo preparan a segunda Xuntanza Moteira na Alameda do centro histórico, con churrascada ou exposición de motos antigas. O Concello colabora en ambas as citas.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Segunda Feira do Viño e Xuntanza Moteira promovidas polo colectivo Zona Vella