RECOMENDACIÓNS PARA O USO DOS CONTEDORES NO VERÁN
Co comezo da época estival a poboación de Cedeira e a afluencia de visitantes está a multiplicarse e, con ela, a xeración de residuos; que sumado ao incremento das temperaturas pode dar lugar á aparición de cheiros desagradables nas inmediacións dalgúns contedores.
É por isto que, desde o Concello, se fai un chamamento á veciñanza e establecementos do municipio, para solicitar a súa colaboración co obxectivo de intentar aminorar estas molestias.
Prégase retrasar o máximo posible a hora de depósito do lixo nos contedores para que permaneza o menor tempo posible na rúa, dentro das horas de maior temperatura, reducíndose así a súa descomposición.
Ademáis lémbrase que non pode depositarse lixo fóra dos contedores e sempre se debe desbotar correctamente pechado nunha bolsa. Por isto recoméndase, especialmente aos establecementos de alimentación e hostalería, que os residuos que conteñan restos orgánicos se depositen embolsados con dobre bolsa, se fose necesario, para evitar roturas e derrames que contribúan a xerar cheiros desagradables.