Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Recicla con APADER

RECICLA CON APADER

Como se publicou xa hai uns días, varios rapaces/zas desta institución adicarán parte da súa xornada a despezar ordenadores obsoletos para a posterior reutilización dos seus componentes, co cal se consegue un dobre obxectivo : por unha banda, unha mellora medioambiental, e por outra, levar a cabo unha actividade ocupacional que lles fai sentirse útiles ao tempo que lles reporta un beneficio económico máis ben escaso pero de seguro que moi satisfactorio.

Desde o concello de Cedeira animamos a toda a cidadanía a colaborar nesta actividade entregando os seus ordenadores en desuso no local no que fan labores de encadernación ou ben contactando con calquera concelleir@ do goberno local para que lle lo faga chegar.