Rali de coches clásicos ata San Andrés de Teixido, o domingo
RALI DE COCHES CLÁSICOS ATA SAN ANDRÉS DE TEIXIDO, O DOMINGO
Da Coruña a San Andrés de Teixido, pasando por Ferrol. É a ruta do primeiro rali de coches clásicos organizado polas fundacións Santo André de Teixido e Jorge Jove, con colaboración do Arsenal de Ferrol. Participarán 15 vehículos, que sairán da cidade herculina ás 10, recalarán en Ferrol ás 11 e tras visitar o Arsenal e o Museo Naval, partirán cara a Cedeira e San Andrés. Comerán no local Calzada Romana.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Rali de coches clásicos ata San Andrés de Teixido, o domingo