Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Quince novos músicos da Asociación Acordeóns triunfan en Mondragón

QUINCE NOVOS MÚSICOS DA ASOCIACIÓN ACORDEÓNS TRIUNFAN EN MONDRAGÓN

Os alumnos da escola cedeirense coparon os catro primeiros premios nalgunha categoría do certame.

Os mozos músicos da Asociación Acordeóns de de Cedeira, da Escola de Música Vila de Cedeira, volveron a triunfar en Arrasate (Mondragón). No festival Lidia Gundín Harris levou a medalla de ouro e Lara M. Labraña Areda, a de prata (iniciación A); Julián Gundín Harris a de prata (iniciación B); Andrea Loureiro García, ouro e mención especial na categoría A; Carmen Pita Mosquera, ouro na categoría B e André Labraña Area na C, na que Nerea Arriví Campos obtivo a prata. E en Cámara 1 (ata 12 anos), Sara Novais Meireles e Carmen Pita Mosquera, ouro e mención especial; e Elías Pérez Lorenzo e Alexandre Labraña Areda, ouro.

No certame nacional de acordeón o primeiro premio en categoría júnior (ata 17 anos) foi para Beatriz Leonardo Labraña; e en infantil (ata 13), Manuel Loureiro García quedou primeiro; Iván Armada Santiago, segundo; Inés García Prieto, terceira; e Sara Novais Meireles, cuarta. Os cedeirenses coparon así os catro primeiros postos da categoría. José Antonio Leonardo, Cuxa, presidente da asociación, destaca «este éxito sen precedentes» da música cedeirense, que atribúe ao profesor e fundador da escola, Xavier Díaz Carrasco, polo seu talento e dedicación.

Fonte: A voz de Galicia