Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Presentación do I festival da música Galega-Portuguesa

PRESENTACIÓN DO I FESTIVAL DA MÚSICA GALEGA-PORTUGESA

Presentación do I Festival da Música Galega-Portuguesa “Traz Outro Amigo Também” que desenvolverase en Cedeira os días 19, 20 e 21 de maio e que nesta primeira edición homenaxeará á figura de José Afonso. O Palacete Municipal acollerá tanto a exposición biográfica e musical, comisariada pola AJA (Associaçao José Afonso) como a charla de Paulo Esperança, vicepresidente da mesma sobre “O Triángulo Máxico de José Afonso: Galicia, Portugal, África”.
O Auditorio Municipal acollerá os concertos que comezarán o venres con distintas agrupacións locais que interpretarán temas do recoñecido cantautor portugués. O sábado será o turno do grupo “De outra margem” e de João Afonso que virá acompañado de Rogerio Pires e que traerá unhas cantas sorpresas que iremos desvelando nos próximos días (As entradas están pendentes de confirmación e poñeranse á venda a semana que ven). E o domingo o turno será do grupo do Intervençao da AJA.
Ademáis diversos locais de Cedeira aproximarannos á gastronomía portuguesa. Unha cita para anotar na axenda!!!