Pais, mestres e alumnos do colexio Nicolás del Río recuperan en imaxes a memoria mariñeira da vila
PAIS, MESTRES E ALUMNOS DO COLEXIO NICOLÁS DEL RÍO RECUPERAN EN IMAXES A MEMORIA MARIÑEIRA DA VILA
A concellería de Cultura e Turismo de Cedeira anima á veci- ñanza e visitantes a que se achegen ao Museo Mares de Cedeira para disfrutar da exposición de fotografías que baixo o título “Salseiro de recordos” recolle toda unha mostra de imaxes aportadas polo alumnado, familiares e mestres do CEIP Nicolás del Río.
A concelleira de Cultura, a nacionalista María Xosé Rodríguez, felicita á Asociación Mares de Cedeira e ao CEIP por esta iniciativa e destaca varios obxectivos importantes cumpridos polo Museo con esta mostra. Por unha parte o propio valor das fotografías e das persoas que nelas aparecen á hora de botar unha ollada á historia mariñeira da vila, e por outra reforzar a idea e concepción desde Museo como “propiedade” de toda a veciñanza de Cedeira, sen olvidar a orixinalidade da montaxe expositiva das imaxes.
A exposición pode verse no Museo Mares de Cedeira -situado nos baixos da Confraría de Pescadores- ata o día 8 de xaneiro en horario de martes a domingo de 10.30 a 13.30 horas.