Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Os Reis magos recorrerán as rúas da Vila o xoves a partir das cinco da tarde

OS REIS MAGOS RECORRERÁN AS RÚAS DA VILA O XOVES A PARTIR DAS CINCO DA TARDE

Os Reis Magos non poden regresar a Oriente sen antes pasar pola vila de Cedeira para deixar agasallos aos nenos e maiores que foron bos durante o ano 2016. A chegada das súas Maxestades enche de ledicia os corazóns dos maios novos e deixa un sorriso entre os adultos.

Os Reis se deixaran ver polas rúas da vila o día 5 a partir das cinco da tarde, hora na que está prevista a saída da tradicional Cabalgata das inmediacións da estación de autobuses.

A continuación, a cita da ilusión recorrerá a avenida de Castelao e a parte vella para finalizar no Palacete municipal. Alí terá lugar a recepción oficial e a festa que o Concello organiza para que os nenos poidan disfrutar unha das xornadas máis esperadas do ano. E para que non falte de nada tamén haberá unha chocolatada -con roscón incluído- e inchables no patio do colexio Nicolás do Río. A organización estima que haberá unhas cincocentas racións, cantidade moi similar á do pasado ano.

A administración local conta coa axuda das asociacións culturais Buxainas e As Aturuxeiras, da ANPA Picapeixe, da agrupación de voluntarios de Protección Civil e da entidade das Amas de Casa para que todo se desenvolva como está previsto. Na Cabalgata toman parte unhas cen persoas, entre nenos e adultos.