Os nenos de Cedeira recordan a Casares cun obradoiro e a lectura dun fragmento da súa obra
OS NENOS DE CEDEIRA RECORDAN A CASARES CUN OBRADOIRO E A LECTURA DUN FRAGMENTO DA OBRA “AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS”
A choiva mudou o emprazamento dos actos organizados polo Concello de Cedeira con motivo do Día das Letras Galegas, pero non así os contidos. Desde hai uns días, un grupo de rapaces viña traballando na elaboración de limóns feitos en papel cuché cos que esta mañá tiñan previsto adornar a vella laranxeira que está a carón do Concello, un acto simbólico e de homenaxe a Carlos Casares, escritor recordado este 17 de maio e autor da obra “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”.
O mal tempo fixo necesario trasladar ao salón de plenos do Concello a lectura dun fragmento da peza dramática que Carlos Casares escribiu a principios dos setenta e que se converteu pronto nun clásico do teatro infantil.
Finalmente, algunhas das obras realizadas polos nenos no obradoiro “As laranxas, máis laranxas e outros mundos” tamén puideron ser colgadas na laranxeira situada áentrada do Concello. A ANPA Picapeixe do colexio Nicolás del Río colaborou na organización dunha actividade impartida por Quique Vázquez.