Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Os cedeirenses honran a san Antón de Corveiro

OS CEDEIRENSES HONRAN A SAN ANTÓN DE CORVEIRO

O son das gaitas e o baile da agrupación Buxainas animan a romaría de san Antón de Corveiro, tras a misa e a procesión, Os cedeirenses honran ao patrón da zona da Ribeira, festivo local unha cita tradicional no calendario cedeirense. Hai quen pide que se traslade ao fin de semana, pero a tradición manda e Cedeira peregrina ao monte de san Antón de Corveiro cada 13 de xuño.

O nordeste matinal ha amainado, pero caen catro pingas e os romeus resgárdanse baixo os toldos, mentres outros botan sal ao churrasco nas grellas dispostas polo campo. Non hai moitas merendas, a maioría chegarán máis tarde, en moitos casos despois do traballo, noutras poboacións ou no mar. Os pescadores son grandes devotos de san Antón. Onte á noite houbo churrasco e verbena e a tarde de hoxe, si a choiva non vai a máis, alargarase na contorna da capela, cunhas vistas extraordinarias sobre a boca da ría.

Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Os cedeirenses honran a san Antón de Corveiro