Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Os alcaldes viaxarán á costa vasca para coñecer o modelo de xestión do geoparque

OS ALCALDES VIAXARÁN Á COSTA VASCA PARA COÑECER O MODELO DE XESTIÓN DO GEOPARQUE

Os concellos confían en lograr fondos da Deputación para impulsar o proxecto do Cabo Ortegal.

Alcaldes e concelleiros de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño viaxarán a Guipúzcoa para coñecer o modelo de xestión do Geoparque da Costa Vasca, que abarca os municipios de Zumaia, Deba e Mutriku. O grupo sairá a tarde do 5 de marzo para percorrer a zona entre o 6 e o 7, guiados por Leire Barriuso, xerente da entidade e participante nas recentes xornadas promovidas polo Concello de Cariño. Os rexedores queren coñecer de primeira man o funcionamento do Geoparque da Costa Vasca, recoñecido como tal pola UNESCO en 2010 e posible modelo a seguir.

«Tamén queremos saber cal foi o investimento realizado», indica José Miguel Alonso Pumar, mandatario cariñés e artífice desta expedición. Os concellos confían en lograr fondos da Deputación, a través do novo plan de patrimonio, para impulsar o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal. Durante a súa visita á comarca, Barriuso destacou a repercusión deste tipo de iniciativas para o sector turístico. Justo antes da viaxe ao País Vasco, o patrimonio xeolóxico da contorna de Ortegal divulgarase nunha feira en Santiago, a través da exposición montada polo geólogo Francisco Canosa. custeada polos concellos.

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Os alcaldes viaxarán á costa vasca para coñecer o modelo de xestión do geoparque