OBRIGA DE XESTIÓN DE BIOMASA
No marco do convenio de colaboración suscrito entre a Xunta de Galicia, FEGAMP e SEAGA, para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias, tal e como prevé a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e ao que o concello de Cedeira se sumou no 2018.
co obxectivo de dar cumprimento á lexislación en materia de prevención de incendios citada anteriormente, así como ao Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais, aprobado en Pleno o 30 de marzo de 2023; e dado o alto volume de parcelas en todo o concello, que incumpren a normativa.
Nas vindeiras semanas, un equipo de inspección de campo da empresa SEAGA, realizará a inspección do estado das parcelas situadas en zona secundaria de faixa de protección de vivendas e núcleos de poboación.
Posteriormente a estas inspeccións, as persoas propietarias de parcelas que estén a incumprir a normativa, recibirán notificacións recordándolles a obriga de xestionar a biomasa vexetal e retirar as especies arbóreas non permitidas.
Pódense consultar as parcelas afectadas no visor de faixas secundarias da Xunta así como no Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais. Tamén se pode solicitar esta información na Casa do Concello os martes e xoves de 9 a 14h.