Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O tripartito eleva un 20 % a partida destinada a servizos sociais

O TRIPARTITO ELEVA UN 20% A PARTIDA DESTINADA A SERVIZOS SOCIAIS

O orzamento municipal de Cedeira crece un 7 % respecto ao ano pasado e un 15 % en relación co exercicio anterior, ata alcanzar os 5.648.367 euros. As partidas que experimentan un maior incremento son as da área de servizos sociais e promoción social, con 866.110 euros, un 20 % máis que en 2016. O aumento explícase pola contratación de cinco auxiliares de axuda a domicilio (suman 25), a posta en marcha de servizos como o transporte para maiores ou persoas enfermas ao centro de saúde ou a renovación dos convenios con Asfedro, Alcer e Afal.

O goberno de PSOE, BNG e Anova destina 660.000 euros a investimentos, a maior parte a través do Plan Único da Deputación. O executivo destaca o saneamento das Pontigas, Casal de María e Vila do Río (198.508 euros); ou as cales Paz, Silva e Floreal (149.898); a primeira fase da rehabilitación do vello pazo de Moscoso (213.000); a reparación de beirarrúas e a pavimentación da avenida da Area e a rúa Fraga Iribarne (150.000); ou os vestiarios do campo de fútbol (66.000).

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN O tripartito eleva un 20 % a partida destinada a servizos sociais