O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal promociónase na Feira de Minerais de Santiago
O PROXECTO DO XEOPARQUE DO CABO ORTEGAL PROMOCIÓNASE NA FEIRA DE MINERAIS DE SANTIAGO
Francisco Canosa montou a exposición, custeada polos concellos, e tamén imparte talleres e dá charlas ata o domingo
O geólogo Francisco Canosa divulgará o proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal e a riqueza xeolóxica da zona na terceira Feira de Minerais de Santiago, que se celebra desde hoxe ata o domingo no centro comercial Área Central. Os concellos implicados custean a exposición montada por Canosa, con dous paneis explicativos do proxecto, con información sobre que é un geoparque, obxectivos, beneficios e obrigacións; que diferencia este territorio; os principais lugares de interese xeolóxico de cada un dos sete municipios (Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño) e unha georuta de cada un deles. A iniciativa complétase con datos do inventario de lugares de interese xeolóxico elaborado por Canosa, a partir dun traballo de investigación realizado en 2015, e unha mostra das rocas máis características deste territorio.
O geólogo imparte un taller gratuíto de minerais e imparte charlas informativas sobre o proxecto do xeoparque todos os días da feira. A exposición continuará en Área Central ata o día 10.
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN O proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal promociónase na Feira de Minerais de Santiago