Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O PLENO DE CEDEIRA APROBA DESTINAR O POS+ADICIONAL DESTE 2024 Á FINANCIACIÓN DE GASTOS CORRENTES

O pleno da corporación de Cedeira aprobou onte a solicitude de participación do Concello na segunda fase do POS+Adicional 2/2024. Correspóndenlle á administración local desta volta 89.482,31€ do programa de financiación da Deputación Provincial da Coruña e a totalidade da partida vai ser destinada a gastos correntes.

O pleno reuniuse na tarde de onte en sesión extraordinaria co único punto na orde do día da aprobación da solicitude nesta fase do POS.