Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O número de Decembro do boletín”As7Parroquias”chega hoxe aos fogares de Cedeira

O NÚMERO DE DECEMBRO DO BOLETÍN “AS7PARROQUIAS” CHEGA HOXE AOS FOGARES DE CEDEIRA

Hoxe chega ás familias de Cedeira, a modo de pedrea, un novo número do boletín informativo “As7parroquias”, no que teñen cabida moi diferentes asuntos de interese dos veciños. Seguro que a moitos lles chamará a atención o traballo escolar realizado polos alumnos do Nicolás do Río sobre a recuperación da ubicación e dos nomes das portas que daban acceso á vila medieval de Cedeira. O goberno completou esta iniciativa cun código QR para democratizar os contidos da investigación.

Outros saberán, a partir de agora, que o faro da Candieira é, xunto aos de Estaca de Bares e Prioriño, un dos poucos habitados que existen na provincia da Coruña e, en xeral, en toda a costa galega.

O problema que afecta aos gandeiros da Capelada por un brote de tuberculose bovina está recollido nunhas páxinas nas que tamén se fai un balance do plan de investimentos municipais na recta final do ano e no que se informa das xestiones que o goberno local realiza ante a Xunta para mellorar o trazado e estado actual da estrada AC-566.

A contraportada nesta ocasión está adicada á Asociación Cultural Buxaina, sempre presente na vida social e cultural do municipio a golpe de música e brincos, e que leva no seu ADN o firme compromiso de conservar o tradición vinculada ao folclore, incluídos os traxes.

Pero como non podía ser de outro modo, dadas as datas nas que sae o boletín, a portada da publicación adícase as festas que están por vir dando a coñecer as actividades que ata a segunda semana de xaneiro terán como obxectivo que poidan disfrutar pequenos e maiores sen ter que saír fóra do concello.

DESCARGAR O BOLETÍN