O novo colectivo amigos dos ríos busca protexer e divulgar o patrimonio fluvial Cederirés
O NOVO COLECTIVO AMIGOS DOS RÍOS BUSCA PROTEXER E DIVULGAR O PATRIMONIO FLUVIAL CEDEIRÉS
Jorge Peñamaría (presidente), Xullo Aneiros (secretario) e Ana Freire (tesoureira) uníronse para constituír a Asociación de Amigos dos Ríos de Cedeira (Arce), que se presenta mañá (20 horas, a sala Áncora). O novo colectivo, respaldo polo Concello, a través do edil de Medio Ambiente, Camilo Casal, pretende coñecer, conservar e recuperar o patrimonio fluvial, controlar recheos, verteduras e outras agresións a estes ecosistemas, e analizar periodicamente a calidade da auga.
Iniciarán a súa actividade con xornadas de limpeza do Condomiñas ou o Pontigas, con colaboración de voluntarios. Programan talleres e marchas, e planean abrir unha senda peonil polo Condomiñas ata a fervenza de Augas Derrubadas. Buscan «concienciar» do valor ambiental dos ríos e a importancia dun desenvolvemento sustentable da contorna.
En julioaneiros@live.com pódese contactar
Fonte: La Voz de Galicia
Pode consultar a nova na seguinte ligazón: