O museo Mares de Cedeira recibiu a visita de 2.100 persoas nos 40 primeiros días dende a súa inaguración
O MUSEO MARES DE CEDEIRA RECIBIU A VISITA DE 2.100 PERSOAS NOS 40 PRIMEIROS DÍAS DENDE A SÚA INAUGURACIÓN
Un total de 2.100 persoas coñeceron o Museo Mares de Cedeira dende a súa inauguración, que tivo lugar o día 23 de xullo. Estes resultados levan aos representantes da Asociación Mares de Cedeira -xestores da exposición- a sinalar que “o museo cumpre con moito os nosos obxetivos”. Galegos, xente de moitos lugares de España -especialmente da Comunidade de Madrid- e agora, nestes primeiros días do mes, excursionistas das Rías Baixas son só algúns dos perfís das persoas que fixeron un alto no camiño para coñecer os máis de 3.000 obxectos que dende hai uns 40 días pódense ver na planta baixa da Confraría de Pescadores de Cedeira.
Responsables da entidade recoñecen estar moi agradecidos pola boa acollida que está a ter a exposición e destacan, de maneira moi especial, a colaboración que veñen recibindo, incluso antes da súa inauguración, por parte da Sociedade Galega de Historia Natural para axudar a contextualizar algúnhas das pezas.
Ata o 15 de setembro, o museo abrirá mañá e tarde. A partir desa data só o fará polas mañás, de 10.30 a 13.30 horas.
Membros da Asociación Mares de Cedeira teñen previsto reunirse nos próximos días con responsables do colexio Nicolás del Río a fin de traballar na elaboración dunha unidade didáctica para a promoción do museo no ámbito escolar.