O Luns non se poderá aparcar nin circular nas estradas de San André e Faro, e nos lugares do Carreiro, Cobo e arrasa pola Trivolva a Galicia
O LUNS NON SE PODERÁ APARCAR NIN CIRCULAR NAS ESTRADAS DE SAN ANDRÉ E FARO, E NOS LUGARES DO CARREIRO, COBO E ARRASA POLA TRIVOLTA A GALICIA
Unha etapa da Trivolta a Galicia- Camiño a San Andrés de Teixido pasará o próximo luns polo municipio cedeirés, o que obriga ao Concello a establecer un dispositivo especial de tráfico entre as 8.00 e as 15.00 horas.
A medida consiste na prohibición de aparcar e circular por varias rúas e pistas do territorio cedeirés. Estas son: nos catro primeiros quilómetros da estrada a San Andrés (DP-2204), nos lugares de O Carreiro, Cobo e Arrasa e ao longo da estrada do Faro.
A Policía Local advirte á veciñanza de que non fagan coincidir as compras, visitas ou recados que teñan que facer por estas zonas coa celebración da proba, ao tempo que lembra que existe unha páxina web (www.policialocalcedeira.es) na que poden atopar máis información.