O Goberno Cedeirés valora o primer aniversario da posta en funcionamento do portal de transparencia
O GOBERNO CEDEIRÉS VALORA O PRIMER ANIVERSARIO DA POSTA EN FUNCIONAMENTO DO PORTAL DE TRANSPARENCIA
“Cando chegamos ao goberno o Concello non cumpría a Lei de Transparencia. A pouca información que se poñía a disposición dos veciños non estaba actualizada, e a transparencia parecía máis unha molestia que un principio político. Prometimos claridade ao chegar ao goberno, e estamos cumprindo”.
Así resumía hoxe o alcalde de Cedeira, Pablo Moreda Gil, o primeiro ano desde a posta en funcionamento do portal de transparencia municipal (www.portaltransparenciacedeira.gal), unha iniciativa do equipo de goberno co fin de trasladar á veciñanza a información máis relevante sobre a actividade municipal.
Moreda explicou a complexidade do proceso sinalando que “é moita a información que se tivo que incorporar, posto que case partíamos da nada. Incorporamos toda a información sobre o funcionamento interno e político do Concello, que non se tiña máis que algún enlace a algunha publicación do Boletín Oficial da Provincia (BOP)”.
Agora, segundo o alcalde, as informacións relativas as subvencións e convenios están a disposición dos usuarios e moitos dos expedientes aprobados polo pleno poden ser consultados para facer alegacións ou propostas. Orzamentos, periodo medio de pago, informes de intervención, procesos de contratación de obras e servizos son outros dos moitos datos que ofrece o portal “á hora de poñer a administración ao alcance dos cidadans”, reiterou o alcalde.
O goberno de Cedeira entende que “o dereito de acceso á información dos veciños debe ser unha liña principal da nosa xestión e non unha simple obriga legal, por iso mantemos e redobramos o noso compromiso coa transparencia e seguimos traballando e mellorando na claridade da nosa xestión”.